Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres burelaos investigados na operación antidroga Kbello-Capote

Tres burelaos investigados na operación antidroga Kbello-Capote

Os efectivos do grupo de Estupefacientes de Lugo realizaron un rexistro domiciliario

Fékix Aragunde 28/06/2022 12:19

Coordinada polo Grupo de Estupefacientes de Cáceres e pola Xefatura Superior de Madrid, a operación Kbello-Capote contra o tráfico de drogas saldouse polo momento con 16 detidos e 13 rexistros en diferentes provincias.

Foi o caso de Lugo, onde os axentes do Grupo de Estupefacientes da comisaría lucense participou no operativo cun rexistro domiciliario en Burela e coa investigación de tres veciños, dous homes e unha muller.

Manuel Arias, voceiro da comisaría de Lugo: "Unha vez feito o rexistro, onde non se atopa nada de interese, e tomadas as pertinentes declaracións, as tres persoas non son detidas nin pasan a disposición xudicial, pero si quedan como investigadas dentro desta macrooperación". 

Ata o de agora ingresaron en prisión catorce das dezaseis persoas detidas no marco desta operación, que continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade