Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres bombeiros forestais feridos en incendios reciben a alta e un continúa grave no CHUAC

Tres bombeiros forestais feridos en incendios reciben a alta e un continúa grave no CHUAC

Segundo o parte facilitado este venres polo CHUAC, recibiron o alta tres bombeiros forestais que quedaron feridos na extinción dun incendio en Barreiros

Continúa ingresado un bombeiro forestal de 18 anos que sofre queimaduras de terceiro grao, cunha afectación do 40 % do corpo e intoxicación por inhalación de fume

G24.gal 10/10/2025 10:15

Tres bombeiros forestais feridos na vaga de incendios que arrasou o pasado verán Galicia foron dados de alta, mentres que outro, de 18 anos, continúa ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con prognóstico grave.

Segundo o parte facilitado este venres polo CHUAC, recibiron a alta tres bombeiros forestais que quedaron feridos na extinción dun incendio en Barreiros. Con idades comprendidas entre os 24 e 25 anos, estes bombeiros forestais sufriron queimaduras de segundo grao, pero xa recibiron a alta médica.

Continúa ingresado un brigadista de 18 anos que resultou ferido nun lume en Ourense o pasado agosto. Sofre queimaduras de terceiro grao, cunha afectación do 40 % do corpo e intoxicación por inhalación de fume. Aínda que evoluciona favorablemente, o seu prognóstico é grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade