Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pánico na A-54 pola presenza dun condutor octoxenario que circulou 20 minutos en sentido contrario

Pánico na A-54 pola presenza dun condutor octoxenario que circulou 20 minutos en sentido contrario

O incidente tivo lugar ás dúas da tarde no termo municipal de Lugo

Emerxencias recibiu múltiples chamadas dos condutores que se cruzaron co vehículo circulando en sentido contrario nos seus carrís

Tramo da A-54 ao seu paso polo concello de Lugo Tramo da A-54 ao seu paso polo concello de Lugo
G24.gal 13/06/2025 11:43

Momentos pavorosos os que viviron os condutores que circulaban pola A-54, que une Lugo e Santiago de Compostela, e se atoparon de fronte cun coche que ía en sentido contrario. 

Aconteceu a primeira hora da tarde deste xoves no termo municipal de Lugo. O home circulou en dirección prohibida durante uns 20 minutos.

Os condutores cos que se foi cruzando o foron esquivando como puideron. Os servizos de emerxencias recibiron numerosas chamadas advertindo da presenza dun Clío dourado que circulaba en sentido contrario.

A Garda Civil localizou o vehículo e o condutor, un octoxenario. Abriuse unha investigación para aclarar as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade