Cargando resultados...
Trece coches aparecen coas rodas picadas preto do aeroporto de Santiago
A Policía Nacional xa abriu unha investigación

G24.gal
17/05/2022 16:35
Novo episodio relacionado co aparcadoiro polémico do aeroporto da Lavacolla, en Santiago. Na contorna da gasolineira que hai nas proximidades do aeroporto, apareceron 13 coches coas rodas picadas.
A parella que rexenta o aparcadoiro da polémica foi quen estacionara alí os vehículos e acusan a competencia de estar detrás deste acto vandálico. Un feito que a competencia desmente.
A Policía Nacional acudiu ao lugar e abriu unha investigación.