Cargando resultados...
Trasladan unha muller ao CHUAC tras precipitarse desde un quinto andar na Coruña
Ao parecer, os tendais foron o seu salvavidas
G24.gal
02/05/2022 14:08
A muller, de 43 anos, precipitouse desde o quinto andar dun inmoble do barrio coruñés dos Mallos. Ao parecer, os tendais dos pisos inferiores foron o seu salvavidas.
Pasaban poucos minutos das nove da mañá e daquela a muller estaba soa na casa. O seu marido, ao chegar á vivenda, foi quen alertou os servizos de urxencias. Agora recupérase no CHUAC das súas feridas.
Pouco despois do suceso, a Policía Científica tamén se achegou ao lugar para coller pegadas e poder esclarecer que foi o que pasara.