Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trashorras: "Os retos difíciles son onde se ven as persoas, os adestradores e os xogadores"

Trashorras: "Os retos difíciles son onde se ven as persoas, os adestradores e os xogadores"

O director deportivo, David Peláez, asume as súas responsabilidades nas malas decisións

G24.gal 20/02/2024 12:12 Última actualización 20/02/2024 12:20

O Lugo comunicou o despedimento do adestrador portugués Paulo Alves, e fíxoo despois de gañar en Teruel e de que o equipo sumara dúas vitorias e dous empates nos últimos catro partidos en que comezaba a remontar o voo. 

O seu substituto é Roberto Trashorras, presentado esta mañá.

"Os retos difíciles son onde se ven as persoas, os adestradores e os xogadores".

"É un reto ilusionante. Estou convencidísimo de sacarlle o máximo rendemento ao equipo. Se somos capaces diso, iremos cara a arriba".

Trashorras é un adestrador da confianza de Tino Saqués. Deulle a alternativa no equipo xuvenil e logo pasouno ao Polvorín cando o equipo subiu de categoría.

"O domingo temos o contacto, falamos longamente. Puiden observar a súa satisfacción, o recoñecemento ao seu traballo e a súa convicción".

Trashorras é o terceiro adestrador da temporada tras as destitucións de Munitis e de Alves. O director deportivo, David Peláez, asume as súas responsabilidades nas malas decisións.

"Fago autocrítica. Fago cousas ben e cousas mal. Equivoqueime".

Trashorras dirixiu o seu primeiro adestramento no Ceao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade