Transportes atribúe a un atasco na tubaxe de pluviais a focha que se abriu na N-642
Os traballos de reparación continúan mentres se mantén aberto só un carril da vía
Tres semanas despois de que unha xigantesca bolsa de agua provocara unha focha na N-642 seguen os traballos de reparación. Unha vía de comunicación esencial para a comarca da Mariña, onde residen máis de 70.000 persoas.
Co tráfico parcialmente restrinxido acaban de habilitar un carril para cada sentido de circulación. Aínda así os usuarios piden celeridade.
O Ministerio de Transportes non aclara cando rematarán os traballos que din están sendo complexos Xa se sabe o motivo polo que se abriu a estrada xusto onde conflúe coa liña do FEVE. A tubaxe das augas pluviais atascou e rebentou a 15 m de profundidade.
Polo momento, dende o ministerio descoñecen se esas obras de reparación volverán afectarlle ao tráfico.