Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico abre controis de pneumáticos e luces por toda Galicia

Tráfico abre controis de pneumáticos e luces por toda Galicia

Durante o martes e o mércores as patrullas farán inspeccións as 24 horas 

O mal estado das rodas é un dos factores máis frecuentes nos accidentes

G24.gal 29/11/2022 14:29

O estado dos pneumáticos ten unha incidencia decisiva na seguridade viaria. Nas estatísticas de accidentes aparece como un factor clave na causa dos sinistros. 

Un número importante de accidentes por saída de vía son producidos polo mal estado dos pneumáticos; por non ter a presión ou o debuxo ben ou non estar a dirección aliñada

Se os niveis de desgaste das rodas están por baixo do mínimo de 1,6 milímetros, poden supoñer unha sanción de ata 200 euros por roda. De todos os xeitos, desde Tráfico insisten en que o propósito fundamental destas revisións é a concienciación. A xulgar por como aumenta a demanda despois nos talleres, parece que teñen efecto. 

O recomendable é que o nivel das marcas das rodas se manteña moi por riba do mínimo, pero nos talleres din que o habitual é que en moitos casos se chegue ao límite.  Aínda que non é algo novo, recalcan que a situación económica actual inflúe, porque esta temporada a suba de prezos nalgunhas marcas chega ao 15 %.

Pero iso, insisten desde Tráfico, non pode xustificar unha mingua da seguridade, por iso martes e mércores manterán ininterrompidamente os controis nas estradas de toda Galicia, especialmente en lugares de alta sinistralidade. Revisarán tamén o estado das luces, sobre todo as patrullas nocturnas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade