Cargando resultados...
Traemos ao estudio a xente de Fuego Lolita, que arrasan co seu debut
A formación acaba de publicar o seu primeiro EP, 'Plaza Pijo', punk falcatrueiro e influencias metaleiras
Fuego Lolita gañou este ano a concurso de Onda Chicha e o X Concurso Novos Valores do Festigal
Próximas datas: Sala Moon, Santiago, 13 de novembro, Café Cultural Auriense, Ourense, 4 decembro
G24.gal
26/10/2026 10:02
O seu foi chegar e case bicar o santo. Cinco amigos da vida universitaria compostelá e con moitas ganas de facer música, deciden lanzar o seu propio proxecto. Fuego Lolita apareceu e arrasaron cos seus primeiros temas. Gañaron dous concursos e acaban de presentar o seu primeiro EP. Eles son Daniel Balsa, Antonio Bouxo, Adrián Caride, José Manuel Sánchez e Lara López Suárez.