Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tra Holder, novo base do Obradoiro en substitución de Micah Speight

Tra Holder, novo base do Obradoiro en substitución de Micah Speight

Holder cobre a baixa de Micah Speight, que estará de baixa durante as próximas semanas

Procede do Jiaozuo Cultural Tourism na NBL chinesa, promedió 26,6 puntos, 3,7 asistencias e 1,3 rebotes por partido 

Antes xogou na Bundesliga alemá co BG Göttingen

G24.gal 31/03/2026 11:30 Última actualización 31/03/2026 12:15

A falta de anuncio oficial, o Monbus Obradoiro chegou a un acordo co base estadounidense Tra Holder para reforzar o perímetro do equipo na recta final da tempada en Primeira FEB, segundo informa Piratas del Basket.
Holder, base de 1,85 metros, conta cunha ampla traxectoria internacional e destaca pola súa capacidade anotadora, a súa agresividade ofensiva e a súa habilidade para xerar vantaxes en situacións dun contra un e pick and roll

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2018, no mes de xullo asinou o seu primeiro contrato profesional co Auxilium Torino da Leiga Basket Serie A italiana.[3]​ O 18 de xaneiro de 2019, é cedido ao Fraport Skylines Frankfurt ata o final da tempada 2018-19, xa que o xogador tiña contrato con Torino ata 2020. O 15 de xaneiro de 2020 fichou polo MKS Dąbrowa Górnicza da liga polaca.

Na presente 2025/26, defendendo as cores do Jiaozuo Cultural Tourism na NBL chinesa, promedió 26,6 puntos, 3,7 asistencias e 1,3 rebotes por partido, cun 37,8% en triplos e un 90,7% en tiros libres. Un ano antes, na 2024/25, xogou na Basketball Bundesliga alemá co BG Göttingen, onde asinou 16,0 puntos e 3,7 asistencias de media. 

Holder cobre a baixa de Micah Speight, que estará de baixa durante as próximas semanas tras sufrir un problema na man esquerda durante un adestramento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar