Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor busca volver a postos de ascenso directo ante un Córdoba nun mal momento e cun feixe de baixas

O Dépor busca volver a postos de ascenso directo ante un Córdoba nun mal momento e cun feixe de baixas

Os coruñeses intentarán aproveitar o mal momento do Córdoba, que non logra unha vitoria desde o 14 de febreiro

A semana completarase o sábado coa visita do Málaga, tamén en Riazor, pechando un tríptico determinante para medir as aspiracións do conxunto coruñés

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 30/03/2026 15:48 Última actualización 30/03/2026 17:30

O Deportivo afronta este martes en Riazor a visita do Córdoba nun momento de máxima esixencia, inmerso nunha semana de tres partidos que está a poñer a proba o fondo de armario do equipo de Hidalgo. Tras o empate (1-1) en Xixón, nun encontro en que os branquiazuis competiron con orde pero sen excesiva pegada, o cadro herculino regresa á casa coa necesidade de dar un paso adiante.

O duelo ante o Córdoba preséntase como unha oportunidade para reforzar sensacións diante da súa afección, nun partido en que o Dépor buscará máis presenza ofensiva e continuidade no xogo. A carga de minutos e a xestión dos esforzos serán claves nun equipo que encara este tramo cun calendario esixente.

Os coruñeses intentarán aproveitar o mal momento do Córdoba, que non logra unha vitoria desde o 14 de febreiro e permanece con 42 puntos, nunha situación que lle esixe non perder a concentración no tramo decisivo do torneo.

Á mala dinámica de resultados do conxunto blanquiverde hai que sumar o gran número de baixas co que terá que lidar Iván Ania unha semana máis, algo convertido nunha constante durante toda a tempada para o técnico asturiano.

A semana completarase o sábado coa visita do Málaga, tamén en Riazor, pechando un tríptico determinante para medir as aspiracións do conxunto coruñés. Dous partidos consecutivos na casa que poden marcar o rumbo inmediato dun Dépor que precisa converter o seu estadio nun factor decisivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade