Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tolemia para conseguir unha entrada para o Castellón-Deportivo

Tolemia para conseguir unha entrada para o Castellón-Deportivo

Houbo xente facendo cola desde as 20:00 horas do martes

A primeira hora da tarde as entradas xa estaban esgotadas

G24.gal 07/06/2023 12:17 Última actualización 07/06/2023 16:33

Houbo xente facendo cola desde as 20:00 horas do martes. A cola xa era nutrida a primeira hora desta mañá, antes de que os despachos de billetes de Riazor abrisen para facerse cunha das entradas que o Deportivo poñía á venda para o partido de volta das semifinais do playoff de ascenso a Segunda División, que se disputará en Castellón o vindeiro domingo a partir das 18.00 horas. A primeira hora da tarde as entradas xa estaban esgotadas.

O estadio de Castalia ten un aforo duns 15.500 espectadores. O Castelló facilitou ao Dépor un total de 262 entradas, que o cadro coruñés puxo á venda a partir das dez da mañá. O Deportivo parte coa vantaxe do encontro de ida (1-0 en Riazor) que deberá facer boa ante o terceiro clasificado do grupo 2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar