Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os barcos que operan en NAFO levan a bordo un observador de capturas

Os barcos que operan en NAFO levan a bordo un observador de capturas

Controlan as especies que se pescan e as cantidades reguladas nesas augas

Integran a tripulación polo que asumen os mesmos riscos ca o resto 

G24.gal 19/02/2022 14:09

Os observadores de control, son tan descoñecidos como necesarios nos caladoiros NAFO. Controlan a bordo dos barcos que se pesca nas zonas permitidas e as cantidades reguladas. Son parte da tripulación e conviven cos mariñeiros cos que colaboran e asumen case os mesmos riscos vitais que os tripulantes.

Desde hai anos toda a frota que pesca na zona NAFO está obrigada a levar a bordo un observador de control. É un biólogo mariño ou un licenciado en Ciencias do Mar que ten como misión controlar que se cumpren as normas do caladoiro.

Datafish Technology Solutions é unha empresa galega con sedes en Vigo e Bermeo con dez empregados pero que xestiona unha bolsa duns setenta biólogos en toda España, tamén contrata observadores científicos, o observador acaba sendo un compañeiro máis do barco.

Outro dos seus traballos é comunicar os datos recollidos ás administracións. A longo prazo non se desbota que este control poda facerse con medios telemáticos, un xeito de evitar unha vítima como o biólogo canario do Villa de Pitanxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade