Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toca recuperar os hábitos alimentarios saudables tras os excesos do Entroido

Toca recuperar os hábitos alimentarios saudables tras os excesos do Entroido

Comer san, descansar o suficiente e hidratarse son os piares para sentir que o corpo volve á normalidade

G24.gal 15/02/2024 14:25

Os do Entroido foron días de excesos. "Moitos, porque amais dos cocidos foron as sobremesas: orellas, filloas... Moita graxa e azucre".

E agora toca recuperar os hábitos alimentarios saudables. "Hai que poñerse a dieta xa. Agora toca comer ensaladas e froita".

Certo é que a alimentación é a mellor aliada para perder a meirande parte da graxa corporal que se gañou estes días e sentir que o corpo volve á normalidade. "A xente agora está mercando brécol, repolos, acelgas... verduras así para limpar o corpo". "Agora prefiren comer verduras, peixe, moita froita...".

Amais de comer san, descansar o suficiente e hidratarse son outros dos piares para a recuperación no caso de cometer excesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade