Tino Saqués pide máis masa social para poder seguir no fútbol profesional
Tino Saqués pide máis masa social para poder seguir no fútbol profesional
Saqués: "Cando vou ata a Liga e digo que somos 3.000 socios non o cren"
O presidente do Lugo, Tino Saqués, compareceu para abordar diferentes temas de interese relativos á actualidade do equipo. O responsable albivermello valorou aspectos como o desenvolvemento deportivo do equipo, a situación da entidade nos parámetros establecidos pola liga para a tempada, ou os retos aos que o club se enfronta unha campaña máis.
Tino Saques mandou un aviso á cidade de Lugo e á súa contorna: ou acode máis xente ao Anxo Carro ou será difícil que o Lugo se manteña no fútbol profesional.
"Cando vou ata a Liga e digo que somo 3 mil socios, non o cren"
"Seguen baixando os 2.000 de cando estabamos en 2ªB Levamos 11 anos en 2ª e isto non cambiou nada"
|SP| 🎥🎙️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) September 14, 2022
👉Lembra as palabras do Presidente Tino Saqués na rolda de prensa de hoxe!
▶️#ForzaLugo