Publicador de contidos

Publicador de contidos

Timma e Strelnieks superan o recoñecemento médico no Obradoiro

Timma e Strelnieks superan o recoñecemento médico no Obradoiro

Os dous xogadores sumaranse aos adestramentos para preparar o partido ante o Bàsquet Girona

G24.gal 27/02/2024 16:06 Última actualización 27/02/2024 16:10

Os novos xogadores obradoiristas Janis Strelnieks e Janis Timma, que chegaron a Santiago de Compostela ao longo da xornada de onte, visitaron as instalacións compostelás de HM Hospitales para someterse a recoñecemento médico.

Así, os servizos médicos do club, coordinados polo doutor Jesús Marque, realizaron analíticas completas, así como probas cardiolóxicas e de esforzo, aos dous novos integrantes do Monbus Obradoiro.

Timma e Strelnieks sumaranse aos adestramentos grupais, xunto aos seus compañeiros, para preparar o partido que este domingo, ás 12:30, medirá ao Monbus Obradoiro co Bàsquet Girona en Fontajau.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar