Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivado o nivel 2 en Agolada, onde o lume estivo á porta das casas, e estabilizado o de Toques

Desactivado o nivel 2 en Agolada, onde o lume estivo á porta das casas, e estabilizado o de Toques

O veciños de Agolada pasaron a noite espertos vixiando o lume para evitar que puidese arrasar a aldea do Sexo. Quedaron calcinadas.

No concello de Toques, o incendio tivo varios focos activos e achegouse perigosamente ás casas. Queimou arredor de 300 hectáreas.

Os veciños do Sexo revisan o perímetro do lume que chegou ata as portas das casas
G24.gal 16/08/2025 14:47 Última actualización 16/08/2025 23:18

Activo o incendio de Agolada-O Sexo, pero xa desactivado o nivel 2 de alerta.  Neste concello pontevedrés terror foi o que viviron moitos dos veciños da parroquia do Sexo, logo de que o incendio que se iniciou este sábado pasada a unha da tarde cercase esta pequena aldea na que convive unha corentena de veciños.

Segundo os veciños, o lume comezou en varios focos a uns douscentos metros das casas, e colleu tal virulencia que en media hora xa esta petando nas portas, co cal o labor dos veciños foi esencial para evitar que arrasara coa aldea, xa que mesmo baleiraron piscinas para tratar de evitar que entrase nas vivendas. Con todo, unha casa que estaba deshabitada quedou completamente queimada.

Dada a perigosidade do incendio, os veciños quedaron confinados nunha vivenda, para evitar unha maior exposición ás lapas. 

Este incendio segue activo e en total estímase que leva queimada unha superficie dunhas 400 hectáreas. Decretouse a situación 2 como medida preventiva e na súa extinción empregáronse vinte motobombas, dous helicópteros e dous avións.

Os veciños de Toques tamén tiveron o lume á porta das casas

As lapas deixaron ao seu paso este panorama devastador. Nas últimas horas, o incendio declarado na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello coruñés de Toques, quedou estabilizado e foi desactivado o nivel 2 de emerxencia. O lume deixou calcinada unha superficie de arredor de 300 hectáreas.

"Démonos de conta de que estaba ardendo o palleiro porque estabamos aquí con tractores, pero no vimos ningunha brigada que nos axudara. Xa é a terceira vez que quedamos sen nada, os montes todos arrasados, os prados", di un dos veciños.

"Agora quedamos sen herba, sen pastos, sen nada", comenta outro afectado.

Vivíronse momentos de moita tensión. O incendio, que tivo varios focos activos, achegouse perigosamente ás casas. Os veciños traballaron sen descanso para intentar sufocar as lapas. O lume está estabilizado pero non extinguido polo momento.

"Víase que ardía os piñeiros, a cáscara do piñeiro estala e saltaba cara á pista do outro lado. Temos que estar moi agradecidos aos veciños que viñeron cos tractores, viñeron patrullas tamén algunhas", engade outra veciña.

A veciñanza quéixase de que a zona non estaba rozada.

"Din que hai unha planta e Red Natura non deixa facer nada, non deixan rozar, limpar polos menos os camiños, facer cortalumes"

"Sénteste mal porque ademais das perdas ver todo isto negro é unha vergoña, unha pena", engadiron os afectados.

Na aldea de Penagundín, no concello veciño de Melide, tamén viviron momentos de moita tensión.

"Houbo que sacar os cans, houbo que usar auga e bañar con xurro que non había outra cousa", relatou outro veciño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade