Tere Abelleira, mancada no xeonllo coa selección española
Nos vindeiros días faránselle probas á xogadora pontevedresa, pero hai temor por unha lesión grave
España perdeu diante de Inglaterra (1-0) na segunda xornada da Liga das Nacións

A peor noticia do partido da selección española feminina en Wembley foi a aparición da pontevedresa Tere Abelleira en muletas e cunha vendaxe no seu xeonllo esquerdo. O incidente non foi comunicado polos servizos médicos da selección e aconteceu no adestramento previo ao partido que ían xogar diante de Inglaterra.
Abelleira comezou o adestramento de xeito normal, tal e como se puido ver nas imaxes dos primeiros quince minutos, abertos á prensa. A mancadura aconteceu nesa sesión preparatoria que non puido rematar ao notar as molestias no xeonllo.
🔴ÚLTIMA HORA
— Teledeporte (@teledeporte) February 26, 2025
La noticia negativa en España es que Tere Abelleira no entra en la convocatoria para el partido contra Inglaterra de esta noche
Ha llegado en muletas al césped de Wembley
📺El partido en directo en @la2_tve y Teledeporte desde las 20:50h: https://t.co/dnBby6bZCU pic.twitter.com/N9nUeZbkmO

A selección española perdeu por 1-0 nese partido diante de Inglaterra. Na segunda xornada da Liga das Nacións o equipo de Montse Tomé tivo máis dominio e ocasións pero o gol de Jessica Park no minuto 33 do primeiro tempo chegoulle ao cadro inglés para levar os puntos e superar a España na clasificación.