Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceira vitoria consecutiva do Ourense C. F. que engala na 2.ª RFEF

Terceira vitoria consecutiva do Ourense C. F. que engala na 2.ª RFEF

Gañou por 2-3 no campo do Zamora con goles de Jerin, Alberto Gil e Amin na primeira metade

G24.gal 16/10/2022 20:58

O Ourense C. F. sumou a terceira vitoria consecutiva e afástase da zona de perigo na 2.ª RFEF. O equipo de Rubén Domínguez queda a un só punto do quinto posto e deixa o seu rival, o Zamora, nunha situación moi complicada. 

O partido comezou cun penalti que non desaproveitou Jerín. Empatou Altube cedo, pero o Ourense C. F. xogou unha gran primeira metade e marchou ao descanso gañando por 1-3. O segundo foi obra de Alberto Gil e o terceiro de Amin. O Zamora quedaba con dez e tivo que afrontar toda a segunda metade en inferioridade. 

Xa no segundo tempo acurtou diferenzas o equipo do galego Yago Iglesias cun penalti marcado por Dani Hernández. Os ourensáns manexaron ben o encontro e acabaron levando o triunfo por 2-3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade