Publicador de contidos
Publicador de contidos

Terceira eliminatoria da Copa: Valinox Novás-Granollers e Frigoríficos-Ademar León

Terceira eliminatoria da Copa: Valinox Novás-Granollers e Frigoríficos-Ademar León

Nesta eliminatoria aínda non entran en xogo o último campión e o subcampión

G24.gal 26/03/2024 17:58 Última actualización 26/03/2024 18:06

Quedaron definidos os seis partidos que determinarán que seis equipos pasan á fase final da XLIX Copa do Rei. Entre eles, e a falta de que entren en xogo aínda o último campión e subcampión, había dous principais rivais a evitar. Trátase de dous dos equipos no máis alto da liga Plenitude como os actuais segundo e terceiro clasificados, Bidasoa Irún e Fraikin Granollers respectivamente, e que quedaron emparellados con dous dos tres conxuntos da División de Honra Prata vivos nesta terceira eliminatoria no torneo do KO: Fundación Agustinos Alacant e os galegos do Valinox Novás.

Algo máis de fortuna tivo o IDE Energy Caserío de Ciudad Real que se medirá ao sétimo clasificado da liga Plenitude, o Ángel Ximénez Puente Genil.

O resto de choques reeditarán encontros propios da máxima categoría do balonmán masculino español. Nese sentido, outro dos 'cocos' foi para o Frigoríficos do Morrazo que terá enfronte a un a un ABANCA Ademar León na pugna por acabar a competición doméstica en postos europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar