Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán sepulta as súas opcións nos últimos seis minutos

O Breogán sepulta as súas opcións nos últimos seis minutos

A 6:47 do final perdía por 3 puntos pero recibiu un parcial de 25-10 nese tempo

G24.gal 23/04/2023 14:28 Última actualización 23/04/2023 14:46

O Breogán perdeu en Tenerife nun partido no que entrou nos últimos sete minutos metido no encontro (60-57) pero acabou perdendo por 85-67.

Bo inicio de partido do Breogán (9-11) pero no treito final do primeiro cuarto e da man dun inspirado Cook o Tenerife conseguiu irse seis arriba (21-15). No tira puxa os lucenses achegáronse (21-19) pero un mal inicio do segundo cuarto propiciou o primeiro tirón local grazas ao dano que facía Shermadini na pintura (36-25). Ao descanso o resultado era de 40-32 e as sensacións en ataque dos de Mrsic moi mellorables. 

No terceiro cuarto volveu o Tenerife a poñer diferenzas por riba dos dez puntos. No 25 o resultado era de 53-39. Malia o acerto de Bamforth (8 puntos neste cuarto) o cadro local mandaba ao remate do cuarto por once puntos (58-47). 

Os mellores minutos do Breogán coincidiron co inicio do último período. Un parcial de 3-10 permitiulle meterse no partido (60-57). Pero a resposta local foi contundente (11-1) para volver a estar por riba da decena. No treito final o Breogán deixouse ir e chegou a estar perdendo por máis de vinte puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos