Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un temporal de chuvia histórico golpea os Emiratos Árabes Unidos

Un temporal de chuvia histórico golpea os Emiratos Árabes Unidos

Tan só nun día caeu tanta auga como a que se espera recibir en ano e medio

G24.gal 17/04/2024 14:48

Temporal histórico de chuvia nos Emiratos Árabes. Este país desértico rexistrou uns niveis de precipitacións sen precedente desde que existen rexistros. As rúas convertéronse en lagoas. 

Poucas veces chove así no deserto. Os avións semellaban aterrar sobre o mar nas pistas do aeroporto de Dubai, un dos máis transitados do mundo, que arrastra dende entón importantes atrasos e cancelacións.

As rúas da capital Abu Dhabi e de Dubai semellaban piscinas. Moitos coches quedaron atrapados. E en moitos dos seus famosos centros comerciais a auga chegaba aos nocellos.

Os sistemas das redes de sumidoiros e as estradas non están pensadas para recibir tanta auga. Caeu nun día case tanto como o que se espera recibir en ano e medio.

Auga e tamén moitos lóstregos, que en ocasións rozaron o Burj Khalifa, o edificio máis alto do mundo. 

O temporal de chuvia ocasionou numerosos estragos en infraestruturas, vivendas e negocios e polo menos unha persoa perdeu a vida arrastrada pola auga no seu vehículo.

No veciño Omán, 19 persoas morreron despois de tres días consecutivos de forte chuvia. En Afganistán informaron de polo menos medio cento de vítimas mortais debido ás treboadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos