Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temor na Coruña ante o risco de caída dun valo publicitario na estrada que comunica o barrio de Matogrande co polígono de Pocomaco

Temor na Coruña ante o risco de caída dun valo publicitario na estrada que comunica o barrio de Matogrande co polígono de Pocomaco

Esixen medidas para evitar danos

G24.gal 22/02/2024 14:02

Veciños e condutores denuncian o risco de caída dun valo publicitario situado na estrada que comunica o barrio de Matogrande co polígono industrial de Pocomaco.

"Démonos de conta de que o valo está descolgado o pasado 9 de febreiro e xirado cara ao desmonte que hai nesa parcela", explica Vanesa Rey, a presidenta da asociación Sector 7 Recinto Feiral.

Así que o que fixeron foi alertar da situación. Ao lugar desprazáronse os bombeiros, que, tras inspeccionar a zona, decidiron precintala.

"Un precinto aí non fai nada". "O que teñen que facer é retirala".

Con fortes refachos de vento coma os deste xoves, seguen temendo que acabe cedendo e caia porque a estrutura, en boa parte oxidada, presenta nunha deterioración importante".

"Leva moitos anos aí. E entendemos que se a estrutura xa se derrubou cun temporal, nalgún momento pode ocasionar algún risco", engade Vanesa Rey.

Así que esixen que tomen cartas no asunto.

"É unha parcela municipal, pero detrás estará unha empresa privada de publicidade que terá que facerse cargo do mantemento, retirada ou do que sexa".

Antes, din, de que haxa que lamentar danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar