Televisión de Galicia e Radio Galega, recoñecidas polo seu apoio á VIG BAY nos seus 25 anos de carreiras
Televisión de Galicia e Radio Galega, recoñecidas polo seu apoio á VIG BAY nos seus 25 anos de carreiras
A popular media maratón celebrou o aniversario en Vigo este venres nun acto que reuníu a colaboradores, patrocinadores e medios de comunicación
Xoán Galán, xefe de deportes da Corporación, recolleu a distinción á CSAG
Televisión de Galicia e Radio Galega foron recoñecidas polo seu apoio constante á VIG-BAY, a histórica media maratón que cada primavera desde hai 25 anos une deporte, paisaxe e emoción nun percorrido único entre Vigo, Nigrán e Baiona.
A popular proba, referente do atletismo galego, celebrou este venres o seu aniversario cun acto conmemorativo en Vigo que reuniu os colaboradores, patrocinadores e medios de comunicación que fixeron posible o seu crecemento e consolidación ao longo de dúas décadas e media. Xoán Galán, xefe de Deportes da Corporación, recolleu a distinción en nome da CSAG, agradecendo o recoñecemento e reafirmando o compromiso da radio e televisión públicas co deporte galego e cos grandes eventos que promoven valores de participación, saúde e comunidade.
Ao acto celebrado no auditorio da Fundación Abanca en Vigo asistiron os históricos olímpicos Javier Álvarez Salgado, Juan Carlos Adán e Carlos Pérez, xunto aos atletas en activo Elías Domínguez, Rubén Pereira e Sandra Mosquera. A organización tamén destacou o labor da Xunta de Galicia e dos tres concellos implicados na organización da competición, Vigo, Baiona e Nigrán, recoñecendo o traballo dos corpos de seguridade e de protección civil.
Durante este tempo, os medios públicos galegos acompañaron cada edición da carreira, levando ás pantallas e ás ondas non só a competición deportiva, senón tamén as historias de superación, esforzo e espírito colectivo que definen a VIG-BAY. Un labor de difusión que contribuíu decisivamente a reforzar a súa proxección e a convertela nunha das citas deportivas máis queridas do calendario galego.
Televisión de Galicia e Radio Galega levan 25 anos narrando e comunicando cada primavera a VIG-BAY, a popular medio maratón que se disputa cada ano entre Vigo, Nigrán e Baiona. E ese apoio dos medios públicos galegos á gran festa do atletismo galego foi recoñecida onte no acto co que os organizadores da carreira celebraron os seus 25 anos de historia.
Xoán Galán, xefe de deportes da Corporación, recolleu a distinción nun acto que reuníu en Vigo a colaboradores da carrera, patrocinadores e medios de comunicación.