Telefónica e Pontegadea venden Telxius por 1.200 milóns de euros
Pontegadea, o brazo investidor de Amancio Ortega, posuía o 30 % de Telxius
A venda culmina a reorganización do negocio de cables submarinos de Telefónica
TELXIUS
Telefónica e Pontegadea, a sociedade de investimento de Amancio Ortega, acordaron a venda de Telxius Telecom por uns 1.200 millóns de euros. A compañía, especializada en infraestruturas de telecomunicacións e cables submarinos, tiña participación nun 70 % de Telefónica e nun 30 % de Pontegadea.
A operación chega despois de que ambas as empresas adquirisen en 2023 o 40 % de Telxius, que permanecía en mans do fondo KKR, e pasasen a controlar a totalidade do capital da sociedade a través de Pontel Participacións.
Restauración do negocio
Telxius concentrou nos últimos anos o negocio de cables submarinos de Telefónica, despois de que en 2021 a operadora vendese as súas torres de telecomunicacións en Europa a American Tower nunha operación que lle permitiu reducir a súa débeda en 3.400 millóns de euros.
Xa, en 2026, a compañía nomeou presidente a Javier de Paz, director adxunto ao presidente de Telelfónica Marc Murtra, en substitucións de Guillermo Ansaldo.