Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tariku Novales asina a mellor marca galega de todos os tempos no maratón de Valencia

Tariku Novales asina a mellor marca galega de todos os tempos no maratón de Valencia

As 2h07.18' é a cuarta mellor marca española na súa segunda aparición nesta distancia

G24.gal 04/12/2022 11:42

Tariku Novales apunta alto na proba de maratón. Na súa segunda aparición nesta distancia fixo unha marca excepcional; 2 horas 07.18' mellorando o mellor rexistro galego de todos os tempos que estaba na man de Alejandro Gómez e facendo a cuarta mellor marca española de toda a historia. 

O lugar era propicio. Unhas rúas de Valencia con poucas costas e que deron lugar a unha proba moi rápida. De feito os 2:01:53 de Kelvin Kiptum sitúano como o terceiro atleta capaz de baixar das 2 horas e 2 minutos, algo que só estivo ao alcance de Kipchoge e Bekele. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade