Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tapia: "É un orgullo levar o brazalete de capitán e que o equipo me vexa como a un líder"

Tapia: "É un orgullo levar o brazalete de capitán e que o equipo me vexa como a un líder"

O peruano foi elixido mellor xogador do equipo no pasado mes de xaneiro

Foto @RCCelta Foto @RCCelta
G24.gal 12/02/2024 18:56 Última actualización 12/02/2024 19:13

Renato Tapia foi elixido mellor xogador do equipo no pasado mes de xaneiro. O futbolista agradéceo:

"Contento porque creo que o esforzo individual está a verse recompensando, non só en min, tamén no equipo".

Un premio que comparte:

"Son un xogador de equipo, moitas grazas á xente que o recoñece. Sempre estiven á par dos meus compañeiros traballando. É unha das cousas que sempre fixen, nunca baixei os brazos porque sabía que nalgún momento podía chegar a oportunidade. Contento pola confianza".

Sen Iago Aspas no campo, converteuse no novo capitán do equipo:

"É un orgullo que, despois de tantos anos, o equipo me vexa como a un líder e non soamente dentro, tamén fóra do campo. Ponme moi contento. Sei que forma parte do que está a suceder nos últimos meses, pero estou feliz de levar o brazalete de capitán".

Confía en que o equipo consiga reverter a actual situación:

"Somos un grupo moi unido, sabemos o que queremos e ao que imos. Aínda que os resultados non foron os mellores, o equipo loitou por remontalos. Creo que o equipo mellorou. Agora, a seguir traballando e dar as maiores alegrías ao celtismo", afirmou o peruano, que segue pendente da renovación do seu contrato".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade