Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tadeo Allende convértese na terceira fichaxe do Celta neste mercado invernal

Tadeo Allende convértese na terceira fichaxe do Celta neste mercado invernal

O Celta pagará uns 5 millóns polo seu traspaso a Godoy Cruz

G24.gal 31/01/2024 12:19 Última actualización 31/01/2024 19:26

Tadeo Allende xa está en Vigo, pasou o recoñecemento médico e asinou o seu novo contrato. O Celta pagará uns 5 millóns polo seu traspaso

A falta de confirmación oficial, este atacante arxentino de 24 anos, orixinario de Córdoba e criado futbolisticamente en Instituto, convértese no terceiro reforzo de Rafa Benítez neste mercado de inverno, baixo a iniciativa do seu novo director deportivo, o mexicano Marco Garcés.

Tadeo é un extremo dereito que pode actuar en todo o flanco de ataque, axuntando unha zancada rechamante coa técnica propia da súa posición, unha versatilidade que o convertía nunha peza cobizada no mercado. Allende debutou en 2021 nas filas da Gloria, pero as súas boas actuacións na B, onde demostrou ser un portento físico e disparo con ambas as pernas levárono á elite do fútbol arxentino. Pronto chamou a atención de Godoy Cruz, que se fixo cos seus servizos.

En novembro do ano pasado realizou unha viaxe para Italia onde conseguiu a dobre nacionalidade, un movemento que facía supoñer a súa fichaxe inminente por un club europeo. O seu destino é Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade