Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suspenden os concertos da Peregrinación Europea de Mozos tras a derruba do teito do escenario

Suspenden os concertos da Peregrinación Europea de Mozos tras a derruba do teito do escenario

Unha parte do teito caeu, ferindo levemente un voluntario na tarde do mércores

Este imprevisto obrigou a cambiar a localización do acto inaugural, que finalmente se celebrou na fachada principal da catedral de Santiago

G24.gal 04/08/2022 11:24

Os concertos previstos para a praza do Obradoiro, no marco da Peregrinación Europea de Mozos 2022 que se celebra estes días en Santiago, foron suspendidos polo derruba dunha parte do teito do escenario situado na praza.   

Fontes da organización explicaron que na tarde do mércores, debido aos refachos de vento que se rexistraron, desprendeuse unha parte do teito do escenario, ferindo ademais un voluntario. O mozo, que foi trasladado ao hospital por precaución, está ben, aínda que presenta algunhas rabuñadas no xeonllo "producidos na caída, e non polo golpe", matizan desde a organización.  

Este imprevisto obrigou ademais a cambiar a localización do acto inaugural, que finalmente se celebrou na fachada principal da Catedral de Santiago. Por seguridade, explican, estimaron que o mellor era suspender os actos previstos para ese escenario, xa que non estaban "seguros" de como evolucionarían os ventos nin a suxeición do resto da estrutura.  

Tamén por precaución decidiron pechar os arredores do escenario, polo que non todos os mozos puideron acceder ao acto de inauguración. Ata que as actividades se trasladen ao Monte do Gozo o día 6 de agosto, tal e como estaba previsto na organización inicial, os concertos celebraranse no aparcadoiro de Salgueiriños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar