Publicador de contidos

Publicador de contidos

Suso Fandiño, artista: "Moita obra artística agora é tratada como gando"

Suso Fandiño, artista: "Moita obra artística agora é tratada como gando"

'Wunderkammer' propón no CGAC de Santiago un xogo entre o espectador e os obxectos

Xornais antigos, postais de época, mapas, vinilos, ou crebacabezas son utilizados polo autor

A peza estrela recrea a entrada do pavillón de España na Exposición Internacional de Paris en 1937

G24.gal 27/02/2022 11:30

Wunderkammer é un cuarto das marabillas, un gabinete de curiosidades. No mundo da arte estílase de vello que os artistas xunten obxectos, reliquias, cousas variadas que consideran fermosas ou artísticas no sentido máis amplo da palabra. O artista Suso Fandiño crea o seu propio Wunderkammer no Centro Galego de Arte Contemporánea. Son recordos, pensamentos e reflexións para intereccionar co espectador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos