Cargando resultados...
Susanne Themlitz: "Medimos o espazo, a nós mesmos e facémonos parte da paisaxe"
Susanne Themlitz: "Medimos o espazo, a nós mesmos e facémonos parte da paisaxe"
A linguaxe das cousas mudas, de Susanne Themlitz, no MARCO de Vigo
A artista portuguesa mostra unha nova paisaxe formulada con obxectos creados, atopados, transformados, nunha caste de gabinete de curiosidades
A sutilidade do debuxo convive coa explosión da cor, o bosquexo e a mancha
G24.gal
29/11/2024 14:44
Última actualización 29/11/2024 16:24
Imos intentar aprender A linguaxe das cousas mudas que a artista portuguesa Susanne Themlitz nos propón na súa exposición no museo Marco de Vigo. A través de instalacións, esculturas, pinturas, debuxos, cerámica ou obxectos atopados, imaxina paisaxes dos que nós mesmo podemos participar. Convidámosvos a emprender un paseo por esas paisaxes esparexidas en cinco salas do museo.