Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez Gacio proclámase campioa de Europa por quinta vez

Susana Rodríguez Gacio proclámase campioa de Europa por quinta vez

Susana Rodríguez está en disposición de gañar o mundial en Benidorm o mes que vén e asinar un triplete histórico

G24.gal 23/09/2024 13:02 Última actualización 23/09/2024 13:33

A triatleta viguesa Susana Rodríguez Gacio segue ampliando o seu extenso palmarés de triunfos. A deportista con discapacidade visual proclamouse onte campioa de Europa por quinta vez, primeira co seu actual guía, Sara Pérez, apenas unhas semanas despois de conquistar o seu segundo título paralímpico.

"Campioas de Europa baixo a choiva hoxe en Vichy! O meu quinto título —o primeiro xunto a Sara Pérez!—. Grazas por este setembro inesquecible! Que bonito compartilo con Annouck Curzillat-Julie Marano e Anja Renner-Maria Paulig!", escribiu a través das redes sociais en referencia ás súas competidoras que subiron ao segundo e ao terceiro caixón do podio. Rodríguez Gacio asinou un tempo de 1.04.43, case 50 segundos de vantaxe sobre a francesa Curzillat e volveu mostrar a súa superioridade no circuíto do paratríatlon internacional.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade