España demostra o xene gañador e triunfa en Suecia (2-3) cun penalti no engadido
España demostra o xene gañador e triunfa en Suecia (2-3) cun penalti no engadido
Despois dunha semana con moitos problemas a selección feminina impúxose no campo da selección número un na clasificación da Fifa
España gañou en Suecia (2-3) en Gotemburgo no inicio da Liga das Nacións, o primeiro partido oficial da selección española despois do título mundial acadado en Australia.

Saíu España con moita personalidade ao partido pero foi Suecia a que conseguiu adiantarse no minuto 23 nunha acción a balón parado rematada por Magdalena Eriksson. A selección de Montse Tomé mantivo a súa identidade e no 38 un lanzamento da ex-xogadora do Deportivo Athenea del Castillo poñía o empate.
Nun grande inicio de segunda parte a selección española mereceu marcar pero Lucía García e Aitana Bonmatí atopáronse con boas intervencións da porteira local Musovic. O gol parecía cuestión de tempo e no 77 Eva Navarro, que acababa de entrar no partido, facía o 1-2. Pouco tardou en empatar suecia porque cinco minutos máis tarde Hurtig poñía de novo o empate.
Era un partido que podía ser determinante para pasar a fase na Liga das Nacións e España foi ambiciosa ata o final e atopou o gol da vitoria nun penalti transformado por Mariona Caldentey.