Publicador de contidos

Publicador de contidos

Subtraen un cabaliño de pedais da Coruña e deciden marchar dar un paseo

Subtraen un cabaliño de pedais da Coruña e deciden marchar dar un paseo

O autor da falcatruada explicou que era unha broma e un axente acompañouno a devolver a atracción

G24.gal 05/04/2023 14:05

Tras unha longa noite de troula pola contorna dos céntricos xardíns de Méndez Núñez, contra as oito da mañá, unha cuadrilla de mozos dirixíronse ao local onde gardan os cabaliños de madeira e decidiron subtraer un para ir dar un paseo.

Comezaron a pedalear. Porén, unha das testemuñas que os viu deu aviso á Policía Local. Os axentes lograron paralos cando se dispuñan a entrar na avenida de Alfonso Molina.

A explicación que lles deron foi que se trataba dunha broma, e prestáronse a colaborar na devolución do cabaliño. Un dos policías, para evitar calquera situación perigosa, subiu ao carro e, escoltado por un coche patrulla, acompañou un dos mozos no regreso.

O responsable da atracción soubo do acontecido horas despois pola Policía Local. Aínda así, como o cabaliño non sufriu ningún dano, decidiu non tomar medidas contra os mozos para que isto quede como unha simpática anécdota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade