Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben as peaxes da AP-9 e da AP-53 a primeiros de ano

Soben as peaxes da AP-9 e da AP-53 a primeiros de ano

É a maior suba das tarifas desde 2013

O 1 de xaneiro, o traxecto Ferrol-Tui custará 22,75 euros

G24.gal 30/12/2021 08:51

2022 estréase con subas dun 2,99 % nas peaxes da Autoestrada do Atlántico, debido á evolución do IPC.

Ao non alcanzar o nivel de usuarios previo á pandemia, a concesionaria solicita unha compensación á alza nas súas tarifas cun incremento mínimo de 2 puntos, a maior suba das peaxes desde o ano 2013.

Así, o día 1 de xaneiro, completar o traxecto Ferrol-Tui chegará aos 22.75 euros, cunha suba de 0,45 euros, para os vehículos lixeiros. Vigo- A Coruña subirá aos 17,30 euros, 30 céntimos máis que agora, e o traxecto A Coruña-Santiago pasa a custar 7.,15 euros, 15 céntimos máis que a tarifa actual.

Canto á AP-53, a suba deixará o traxecto Santiago-Dozón nos 6,15 euros, cunha suba de 15 céntimos.

As autoestradas autonómicas A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, entre as máis baratas de España, réxense por un método de cálculo diferente,

A AP-9 convértese por cuarto ano consecutivo na autoestrada que máis subirá as súas tarifas de toda España, xa que a concesionaria Audasa suma ao índice xeral outro 1 %, extra que aplica desde 2018 para recuperar os 228 millóns gastados na ampliación da ponte de Rande e na circunvalación de Santiago de Compostela.

O Ministerio de Transportes xa dixo que este 1 % extra o vai asumir a Administración vía presupostos do Estado, así que os condutores non o notarán, agás no momento en que os fondos públicos non puidesen afrontar as bonificacións; daquela si serían os usuarios os que o pagarían. Este 1 % extra seguirá subindo o prezo da autoestrada ata 2038.

A Xunta hai meses que conminou o Goberno a revisar o contrato con Audasa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade