Cargando resultados...
Suba da tarifa regulada do gas natural un 10,4 % a partir deste venres
Os consumidores piden medidas urxentes ante un incremento desorbitado
G24.gal
30/06/2022 15:08
A partir de mañá o gas natural volve converterse en motivo de preocupación para os consumidores.
A tarifa regulada sobe un 10,4 %, segundo a revisión trimestral do Ministerio de Transición Ecolóxica. Pero o Goberno fala dunha suba de entre un 6 e un 8 % das facturas anuais. As asociacións de consumidores advirten de que se oculta o verdadeiro incremento.
O IPC disparouse e fulmina os posibles efectos do tope do gas. Os consumidores piden medidas urxentes.
Para os consumidores é un suma e segue. Na anterior revisión do 1 de abril as tarifas do gas natural xa subiran un 10 por cento de media.