Publicador de contidos
Publicador de contidos

Strand Larsen, recoñecido como o mellor xogador da tempada

Strand Larsen, recoñecido como o mellor xogador da tempada

Na súa segunda campaña como celeste o noruegués chegou aos 13 goles e foi titular en 36 partidos

G24.gal 27/05/2024 21:57

O dianteiro noruegués Jorgen Strand Larsen foi considerado como o mellor xogador do Celta na temporada 23-24. Na súa segunda campaña en Vigo completou uns números que están á altura dos rexistros que acadara na Liga dos Países Baixos. 

Malia ter unha dura competencia con Iago Aspas e Douvikas, Strand Larsen foi titular en 36 dos 38 partidos. Anotou 13 goles, case tantos como os catorce que lograra na 21-22 no Groningen, xusto antes de asinar polo Celta. 

Primeiro para Benítez e logo para Claudio Giráldez foi un xogador indiscutible, un dianteiro moi batallador e que subiu moito as súas prestacións goleadoras con respecto ao campionato da súa estrea na Liga (4 goles). Aos seus 24 anos ten moita marxe de mellora e é un dos xogadores do plantel do Celta máis apetecibles no mercado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar