Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stop Accidentes reclama a creación dunha rede de atención integral ás vítimas

Stop Accidentes reclama a creación dunha rede de atención integral ás vítimas

A Torre de Hércules ilumina en vermello para lembrar as persoas que perderon a vida ou quedaron feridas nas estradas

G24.gal 21/11/2021 21:36

En 2020 as estradas españolas rexistraron preto de 73.000 accidentes con vítimas. Este domingo celebrouse o día mundial en lembranza de todas as persoas que perderon a vida ou quedaron feridas en sinistros de tráfico. Stop Accidentes aproveitou esta conmemoración para esixir unha rede integral de apoio ás vítimas.

O faro patrimonio da humanidade ilumina en vermello a noite da Coruña. Sumouse deste xeito a este día mundial en lembranza das vítimas dos sinistros de tráfico, unha xornada que Stop Accidentes aproveitou para reclamar a creación dunha rede integral de atención ás vítimas.

A música acompañou unha concentración ao pé da Torre de Hércules. Antes, ao carón da concellería de mobilidade coruñesa, descubriuse unha placa conmemorativa nun acto en que participaron colectivos ciclistas e motoristas, os máis desprotexidos nas estradas.

2020 foi o ano con menos falecidos nas estradas españolas desde que hai rexistros, pero as cifras seguen sendo moi dolorosas: 1.370 persoas morreron e máis de 94.500 quedaron feridas en accidentes de tráfico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade