Cargando resultados...
Stellantis Vigo propón un ERE para a extinción de 100 contratos
Stellantis Vigo propón un ERE para a extinción de 100 contratos
A empresa tamén pretende acometer un novo ERTE para adaptarse ás paradas na produción

G24.gal
09/01/2023 14:19
A factoría de Stellantis en Vigo presentoulle esta mañá aos sindicatos a súa proposta laboral para 2023, que inclúe un ERE coa extinción de 100 contratos a través de baixas voluntarias.
Ademais, enriba da mesa está un novo ERTE para adaptarse ás paradas na produción que recollería ata 90 días de suspensión cando se interrompa a actividade.
Dúas medidas que a empresa relaciona cos problemas loxísticos dos últimos meses e o desabastecemento de microchips.
O xoves celebrarase unha nova xuntanza da mesa negociadora.