Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sotolova conduce o Baxi á vitoria ante o Joventut (66-62)

Sotolova conduce o Baxi á vitoria ante o Joventut (66-62)

O Joventut mandaba por nove á volta do descanso

Sotolova comandou a reacción do Baxi con nove puntos no terceiro cuarto

E Sotolova volveu para decidir con dúas triplas nos dous minutos finais 

G24.gal 04/01/2026 19:42 Última actualización 06/01/2026 11:13

Na Malata, o Joventut controlou a primeira parte, 31-36 ao descanso. E no arranque do terceiro cuarto chegou  alcanzar os nove de diferenza, pero aí apareceu Sotolova e a súa irrupción foi decisiva para o desenvolvemento do partido. Porque cos seus puntos, nove neste terceiro cuarto, posibilitou a reacción do Baxi e que se chegase con empate a 50 ao final deste período.

E no último, no definitivo, cando o Joventut deu sinal de querer, 55-58 a 1:40 do final, cando parecía que o tiña do seu lado, nese intre volveu Sotolova para anotar dúas triplas nun minuto e reconducir o partido. 61-58, a 45 segundos. Niso que quedaba, intercambio de canastras e tiros libres que acabaron por darlle o triunfo ás ed Ferrol. 65-62.  

Sotolova pechou con 20 puntos e 24 de valoración, cunha serie na tripla de 5 anotadas de sete intentos. Decisiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade