Publicador de contidos

Publicador de contidos

SOS Ternópil Galitzia: cinco amigos ourensáns logran traer 96 refuxiados desde Ucraína

SOS Ternópil Galitzia: cinco amigos ourensáns logran traer 96 refuxiados desde Ucraína

Ían só á fronteira, pero as demoras obrigáronos a pasar a Ucraína para recollelos

Na expedición levaron 30 toneladas de axuda humanitaria

G24.gal 21/03/2022 21:54

Esta guerra irmandou da maneira máis solidaria as dúas Galicias europeas, a nosa e a Galitzia dos Cárpatos, a 200 kms da fronteira polaca. Os amigos ourensáns dunha ucraína organizaron a comitiva galega máis numerosa das que saíron da nosa comunidade pero tiveron que sortear mil e unha dificultades para lograr rescatar 96 refuxiados.

Parece que non lles podían pasar máis cousas en 17 horas. Atasco en París, choque na fronteira polaca, pasaportes esquecidos, trabas para entrar e logo para saír de Ucraína, friaxe e doenzas. E todo entre xente armada e nerviosa, na retagarda da guerra, como relata Amadino Pereira, voceiro da asociación SOS Ternópil Galitzia

A granxa de María, sobriña da muller ucraína que residiu en Ourense e ten todos estes amigos solidarios, está a 200 km da fronteira polaca en Ternópil. E aló foron deixar 30 toneladas de axuda.

Dous autobuses cada un con persoal sanitario, trouxeron os 96 refuxiados de dez meses a 79 anos. A maioría, mulleres con fillos, pero tamén dous pais cos seus. Un terceiro non puido saír.

Desde o domingo, xa están acollidos en familias, vivendas e hoteis nos concellos de Ourense, Trives e San Xoán de Río. Xunto á cálida benvida, recibiron máscaras, tests de antíxenos e axuda legal para regularizar a súa situación en España.

A expedición só ten agradecemento para todos os voluntarios que a fixeron posible en só unha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade