Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sorpresa nun restaurante de Muxía: aparece outra perla nunha ameixa

Sorpresa nun restaurante de Muxía: aparece outra perla nunha ameixa

Xa levan seis perlas no que vai de ano na zona

G24.gal 30/08/2023 16:12

Son ameixas xapónicas, veñen da Arousa e calquera podería traer premio. Nesta cetaria de Muxía este ano levan ata 6 ameixas con perla. A última foi nun restaurante, onde non hai nin dez días que se repartiu outra.

As perlas valen entre 900, 2.000 e 3.000 euros dependendo do tamaño, da cor e da forma que colla, porque é un produto natural. José Carlos Alcalde, administrador dunha cetaria, explica como se forman, sendo "unha impureza que se mete dentro do bivalvo e este recúbreo cunha segregación anacarada que produce a perla".

Máis alá do valor que teñan as perlas, aquí teñen ilusión por seguir repartindo alegría. Esperan que sexa ademais unha boa campaña para consumir marisco galego na Costa da Morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar