Publicador de contidos

Publicador de contidos

Solidariedade cun hostaleiro de Burela boicoteado en Internet por antivacinas

Solidariedade cun hostaleiro de Burela boicoteado en Internet por antivacinas

O propietario do local pediulle na rede á xente que se vacinase contra a covid

G24.gal 12/12/2021 13:06

Para quen esta campaña de Nadal está sendo especialmente difícil é para un hostaleiro de Burela.  O local, Contraste food&drinks de Burela recibe desde hai días ataques en Internet de antivacinas de toda España por unha mensaxe do seu propietario nas redes sociais cunha crítica á xente que non se vacinaba contra a covid.

A conta do establecemento segue a recibir as puntuacións máis baixas posibles, contestadas xa polo hostaleiro que indica que son falsas e están denunciadas. Recibe insultos e ameazas.

E todo porque el realizou un comentario no seu muro de Facebook cualificando de egoístas e irracionais os que non se vacinan. 

Tras coñecerse o seu caso, desatouse unha onda de solidariedade. Como contrapartida ao boicot que sofre está a recibir chamadas e comunicacións de hostaleiros e clientes co seu total apoio.

Tratan de contrarrestar as puntuacións negativas con outras positivas e con eloxios para o Contraste. 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade