Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume en Ponteareas está estabilizado despois de calcinar 25 hectáreas

O lume en Ponteareas está estabilizado despois de calcinar 25 hectáreas

A evolución do lume está a ser favorable

As lapas calcinaron arredor de 25 hectáreas

Un helicóptero trata de conter as lapas en Guillade
G24.gal 22/08/2022 17:53 Última actualización 23/08/2022 00:05

Tras varias horas co lume preto das casas na parroquia de Guillande, a evolución favorable no incendio de Ponteareas levou á desactivación da situación 2 e a estabilización do mesmo.

O conselleiro de Medio Rural José González explicou dende Moaña, onde outro incendio obrigou a activar a situación 2 pola tarde -xa desactivada-, que o incendio preocupaba pola proximidade ao núcleo de Raimonde.

O lume iniciouse ás 16:33 horas e participan nas tarefas de extinción catro avións, sete helicópteros, tres motobombas, unha pa, seis brigadas e tres axentes.

Polo momento a estimación de superficie queimada é arredor de 25 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar