Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben os casos da covid pero a presión hospitalaria mantense arredor dos 450 ingresos

Soben os casos da covid pero a presión hospitalaria mantense arredor dos 450 ingresos

A cifra de pacientes críticos mantense en 15

No mes de xuño faleceron 56 persoas coa covid

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña é o que máis pacientes coa covid ten
G24.gal 18/06/2022 14:02 Última actualización 18/06/2022 14:14

As cifras da evolución da covid amosan unha repunta de casos esta última semana cun aumento da incidencia acumulada a 15 días nos maiores de 60 anos.

A presión hospitalaria aumentou nas últimas horas, a 438 ingresos, pero aínda así levamos tres semanas por debaixo dos 500 e cun descenso importante de pacientes críticos. Hoxe son 15 os ingresados nas UCI, e a única área que non ten pacientes coa covid en coidados intensivos é a de Ferrol. 

Sobe a cifra de persoas con infección activa, que volven superar os 11.000, o dato máis alto deste mes. Nas últimas horas notificáronse 1.101 contaxios que non contemplan os positivos que se dan fóra dos grupos de risco que precisan seguimento médico. 

A cifra de falecidos coa covid tamén descendeu nestas últimas semanas, aínda que seguen notificándose mortes a diario. Nas últimas horas computáronse tres falecementos de persoas contaxiadas, e no que levamos de xuño morreron 56 persoas.

A incidencia acumulada nos últimos 14 días en maiores de 60 anos tamén sobe despois de varias semanas en descenso. O informe do Ministerio de Sanidade deste venres notifica 781 casos por cada 100.000 habitantes desta idade, a semana pasada eran case 100 casos menos. Seguimos por enriba da media do Estado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade