Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia da covid en Galicia entra en niveis de risco alto

A incidencia da covid en Galicia entra en niveis de risco alto

Soben a 9.564 os casos activos 

Nas últimas 24 horas rexistráronse 811 novos casos

A presión hospitalaria aumenta, con 5 ingresados máis 

G24.gal 08/12/2021 10:10

A incidencia da covid en Galicia entra en niveis de risco alto, segundo o baremo do Ministerio de Sanidade. A 14 días, a comunidade rexistra 330 casos por cada 100.000 habitantes.

Ademais de Galicia, outras 7 comunidades rexistran xa unha incidencia a 14 días de máis de 300 casos. E outras tres, Navarra, o País Vasco e Aragón, están en situación de risco extremo.

No conxunto de España, a incidencia está nos 290 casos, aínda que hoxe os datos non se actualizaron por ser festivo. Hai 5.000 persoas hospitalizadas despois de que na última semana os ingresos aumentasen máis dun 30 %.

Máis datos da covid en Galicia

Os casos activos seguen á alza e en Galicia xa hai 9.564 persoas con coronavirus. Son 811 máis que 24 horas antes con datos das 18:00 horas do martes. Os casos novos de hoxe son o 12,4 % de diagnósticos positivos de 6.539 probas PCR.

A incidencia a 14 días sobe 16 puntos a 342 e a incidencia a 7 días sobe 4 puntos ata os 205 casos por cada 100.000 habitantes.

Medra a presión asistencial e xa son 251 as persoas que precisan atención hospitalaria. Hai 216 persoas hospitalizadas en planta e 35 na UCI.

O Sergas notificou ata o martes 7 de decembro 2.690 persoas falecidas coa enfermidade desde o inicio da pandemia.

Casos activos por áreas sanitarias

Segue a preocupar a situación no sur de Galicia, sobre todo a cidade de Pontevedra. En Vigo e Ourense hai especial vixilancia por parte das autoridades sanitarias. En Vigo xa son 2.880 as persoas con covid e Ourense ten 2.386 infeccións. Estas dúas áreas contan con máis da metade dos casos activos de Galicia. 

Só a área de Ferrol segue a estar libre de enfermos ás UCI covid, e en Vigo son 15 os que precisan atención en agudos.

Vigo: 2.880 (+169)

Ourense: 2.386 (+145)

A Coruña: 1.308 (+103)

Pontevedra: 1.251 (+107)

Lugo: 684 (+5)

Santiago: 646 (+7)

Ferrol: 409 (=)

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos