Publicador de contidos

Publicador de contidos

Só 260 persoas puideron estar presentes no Obradoiro para a chegada dos Reis

Só 260 persoas puideron estar presentes no Obradoiro para a chegada dos Reis

As fortes medidas de seguridade impediron que moitos perderan a oportunidade de ver os monarcas

Os reis chegaron puntuais ás 12 do mediodía para iniciar a recepción civil 

Alberto Mancebo 25/07/2022 14:26

A expectación era palpable no Obradoiro e tamén nos accesos á praza. Cada un tiña claro a quen viña ver.  Houbo que facer algún esforzo para coller sitio.

Pero había quen mesmo tiña cousas que agradecer e non podía perder a oportunidade. Ás 12 en punto as súas maxestades chegaban ao Obradoiro para iniciar a recepción civil.

E, como adoita pasar, a vestimenta da raíña e as súas fillas era outro asunto do que se estaba pendente. 

Xa dentro, a calor apertaba e fixo falta o aire do abano. E as máscaras, obrigatorias na catedral, tampouco axudaban.  

Ben máis aireadas estaban as alfombras florais a uns metros de onde estaban as súas maxestades. Máis de corenta alfombristas traballaron durante toda a noite na confección destes tapices de arte efémera. Unha iniciativa á que se sumaron 316 países simultaneamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos