Publicador de contidos

Publicador de contidos

Situación tranquila nas estradas galegas na primeira fase da operación de tráfico da Semana Santa

Situación tranquila nas estradas galegas na primeira fase da operación de tráfico da Semana Santa

Espéranse catrocentos mil desprazamentos durante esta fin de semana

A partir do xoves intensificarase a vixilancia nas estradas coincidindo coas xornadas festivas

G24.gal 10/04/2022 14:33

A primeira fase da operación de tráfico da Semana Santa estase saldando con moita tranquilidade nas estradas galegas, sen accidentes graves nin retencións salientables, malia que xa se está volvendo ás cifras de desprazamentos rexistrados antes da pandemia.

"Imos ter un millón e medio de desprazamentos aproximadamente. Os fluxos de intensidade serán nas principais vías de acceso a Galicia pola meseta: pola A-8, polo cantábrico, e pola principal vía de comunicación que xunta as cidades, a AP-9", apunta Héctor Teixeira, da Garda Civil de Tráfico en Galicia.

Esta campaña de tráfico realízase xa sen as restricións derivadas da pandemia e inclúe ademais a nova normativa viaria, que incide especialmente na velocidade e nas distraccións, como o uso do teléfono móbil, que supón a perda automática de seis puntos no permiso de conducir.

"As distraccións como causa dos sinistros viarios adiantou a velocidade, o alcol. Prodúcense máis accidentes por distraccións derivadas do uso do móbil e, polo tanto, por esa falla de concienciación houbo que tomar medidas", explica Héctor Teixeira.

A Garda Civil de Tráfico ten previsto realizar mil seiscentos controis nas estradas galegas durante estes días, e intensificar a vixilancia a partir do xoves. E sen esquecer as recomendacións para ter unha volta segura.

"A regra básica é a prudencia e a partir de aí, moderar a velocidade. Se imos coller o coche, nada de alcol e drogas, e revisar todos os elementos de seguridade, e facer uso deles, porque son a nosa garantía de chegar ben ao noso destino", lembra o voceiro da Garda Civil de Tráfico de Galicia.

As estatísticas prevén a posibilidade de que se produzan tres vítimas mortais nas estradas galegas durante estes días, cifras similares ás campañas previas á covid. Mais dende a DXT apelan á prudencia e ao respecto ás normas para que estas previsións non se cumpran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade