Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de Alimentos de Lugo raciona os produtos básicos co fin de evitar o desabastecemento

O Banco de Alimentos de Lugo raciona os produtos básicos co fin de evitar o desabastecemento

Estanlles a racionar produtos básicos a un milleiro de familias

Félix Aragunde 22/03/2022 14:15

Como consecuencia do paro de transportes, a situación do Banco de Alimentos de Lugo vai camiño de converterse en crítica. De feito, os seus responsables xa están a racionar os produtos básicos co fin de evitar o desabastecemento.

Se non hai cambios, prevén quedar en cuestión de días sen existencias de froitas, verduras ou aceite.

Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo: "Todo contadiño, vai para repartir, para entregarlles ás familias a través da asociación Aviva, e estano facendo da forma máis racional posible. Esperemos que non quedemos sen comida".

Por outra banda, xa son arredor dun milleiro os lucenses que teñen que recorrer ao banco de alimentos. É o caso de familias ás que lles subiu o recibo da luz e xa non poden afrontar máis gastos.

Edwin Bueno, responsable de Distribución de Aviva: "Cada martes hai 30 ou 40 altas novas, que non teñen maneira de sosterse. Non hai forma de estabilizalo se segue crecendo desa forma".

Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo: "Facemos un chamamento a que ninguén deixe de pensar en nós. Sabemos que están pendentes tanto os cidadáns comúns e correntes coma as empresas".

No Banco de Alimentos de Lugo contan con que axiña comecen a chegar familias que foxen da guerra en Ucraína. Para poder atendelas, tamén piden axuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade