Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sirat tampouco logra o César: 'One Battle After Another', mellor película estranxeira

Sirat tampouco logra o César: 'One Battle After Another', mellor película estranxeira

A cinta protagonizada por Leonardo DiCaprio gaña puntos na carreira polos Óscar, onde opta a 13 premios

Óliver Laxe e o equipo de Sirat, este xoves en París (REUTERS/Benoit Tessier) Óliver Laxe e o equipo de Sirat, este xoves en París (REUTERS/Benoit Tessier)
G24.gal 26/02/2026 21:56

A película estadounidense 'One Battle After Another' ('Unha batalla tras outra'), de Paul Thomas Anderson, impúxose este xoves na categoría de mellor película estranxeira na 51 cerimonia dos premios César, os máis importantes do cinema francés.

Na gala celebrada en París, no lendario teatro Olympia, a cinta protagonizada por Leonardo DiCaprio que o 15 de marzo competirá por 13 premios Óscar impúxose á española 'Sirat', do galego Óliver Laxe; a brasileira 'O Axente Secreto' , de Kleber Mendonça Filho; a chinesa 'Black Dog' de Guan Hu e a norueguesa 'Sentimental value', de Joachim Trier.

Paul Thomas Anderson non viaxou á capital francesa, pero tras anunciarse o premio Olivier Snanoudj, representante de Warner en Francia, leu unha mensaxe de agradecemento en nome do cineasta e da produtora da película, Sara Murphy, no que se declararon felices de constatar "o impacto do filme no público do mundo enteiro, e en particular o francés". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade